Saltar navegación

💙

Convértete en embaixador

Vivimos nun dos territorios máis ricos, fermosos e sorprendentes de Galicia. A Costa da Morte é natureza, mar, cultura e tradición. É esforzo, valentía e historia. É un lugar único, e ti formas parte del.

Para que siga sendo especial, necesitamos coidala:

  • Respectar a natureza

  • Coidar o mar

  • Visitar e aprender sobre outros concellos

  • Valorar o noso idioma e tradicións

Cada xesto suma así que agora que coñeces a natureza, as tradicións, a historia e a cultura da Costa da Morte, comparte todo isto cos teus familiares e amigos. Contarlles o que aprendiches, ensinarlles os lugares especiais e explicarlles as nosas festas e monumentos axuda a que tamén eles coñezan e coiden esta terra.

Convértete nun verdadeiro embaixador da Costa da Morte: cada historia que contas fai que máis persoas valoren e respeten o noso territorio.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)