A lingua como tesouro
O galego é parte da nosa identidade. Moitos nomes de lugares contan historias, como:
-
Fisterra (o fin da terra)
-
Camariñas (arbusto típico da zona)
-
Corcubión (quizais relacionado coa palabra latina para “corvo”)
Coñecer e usar a nosa lingua non só nos permite comunicarnos, senón tamén descubrir e valorar a cultura, a historia e as raíces do noso territorio.
O galego pódese falar de moitas formas. A grandes rasgos distínguense tres bloques ou áreas dialectais: o occidental, o central e o oriental. A Costa da Morte atópase dentro do bloque occidental.
Ademais, na Costa da Morte hai dúas áreas importantes: a Área Fisterrá (A) e a Área Bergantiñá (B). Imos coñecelas:

