Cliente:

Ayuntamiento de Ortigueira

Año:

2025

Descripción:

O proxecto “Birding Ortigueira” puxo en valor a biodiversidade da ría de Ortigueira e Ladrido mediante accións divulgativas para escolares e poboación local. Elaborouse unha unidade didáctica dixital para 5º e 6º de Primaria, adaptada ao currículo galego, que permitiu ao alumnado coñecer as especies de aves da ría, os seus ciclos migratorios, hábitats e factores ambientais. A unidade incluíu contidos interactivos, xogos e un proxecto final de investigación. O recurso publicouse na web municipal e quedará integrado no futuro Centro de Interpretación das Aves.