Cliente:

Costa da Morte Asociación de Turismo

Año:

2025

Descripción:

O proxecto desenvolve unha unidade didáctica dixital sobre a riqueza natural, cultural e patrimonial da Costa da Morte para alumnado de 5º e 6º de primaria. A proposta explica como a xeografía, a diversidade de ecosistemas, o mar, a historia e as tradicións da comarca inflúen na identidade e no patrimonio do territorio. Inclúe contidos teóricos, recursos interactivos, actividades de exploración e un proxecto final no que o alumnado investiga un concello distinto ao seu, formula explicacións e comparte os coñecementos co resto da clase. O obxectivo é conectar o currículo coa realidade local, potenciar competencias en ciencias sociais e naturais, e fomentar o respecto polo medio ambiente, a cultura e o patrimonio da Costa da Morte.