Á hora de xerar impacto, son aquelas estratexias de comunicación e marketing que contan unha historia as que marcan a diferenza, logrando transmitir a mensaxe e os valores desexados ao público obxectivo.

En GOODLIFE ofrecemos servizos de comunicación e deseño grazas ás nosas empresas colaboradoras especializadas. Nós definimos a estratexia e coordinamos as nosas persoas colaboradoras para desenvolver manuais de identidade corporativa, webs, logotipos, vídeo e fotografía, audioguías, etc. Ademais, tamén nos encargamos de xestionar a comunicación dun proxecto, entidade ou administración pública.

  • MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA

  • DESEÑO WEB

  • DESEÑO GRÁFICO

  • CREACIÓN DE LOGOTIPO E IMAGOTIPO PARA ENTIDADES E PROXECTOS

  • VÍDEO E FOTOGRAFÍA

  • AUDIOGUÍAS

  • XESTIÓN DE RRSS E XERACIÓN DE CONTIDOS

  • PLAN DE COMUNICACIÓN