Realizamos traballos de auditoría de rutas existentes, así como de prospección do territorio para o deseño de novas rutas de sendeirismo e/ou BTT. Xeramos tracks, mapas e contidos para a implementación da sinalización e panelización; e redactamos proxectos técnicos para coñecer o custo dos traballos de sinalización.
Grazas ás nosas persoas colaboradoras tamén ofrecemos ferramentas dixitais innovadoras, así como solucións para a adaptación dun territorio como destino bikefriendly.




