Cliente:
Concello de Cedeira
Ano:
2022
Descrición:
O artigo 25.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, regula no seu segundo apartado que é competencia do municipio a promoción do deporte e das instalacións deportivas e de ocupación do tempo de lecer, así como a promoción da actividade turística de interese e ámbito local. Neste contexto, o Concello de Cedeira regulou mediante esta norma o uso da Vía Ferrata “Senda do Santo” por parte das persoas deportistas e das entidades usuarias. Para estas últimas establécese, ademais, un proceso de autorización para o uso da instalación. As vías ferratas son instalacións deportivas no medio natural cunha expansión incipiente en España, sendo a promovida por este concello a primeira de Galicia.






