Cliente:
Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte
Ano:
2022
Descrición:
O proxecto de cooperación “Rede REMA, promovendo a cultura no Espazo Atlántico” é impulsado conxuntamente polos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, apoiado pola Consellería do Mar e financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Esta iniciativa de cooperación interterritorial e transnacional nace co obxectivo de impulsar a conservación e difusión do patrimonio inmaterial mariñeiro exposto en espazos museísticos dos GALP galegos. Para iso, o proxecto incluía actuacións de mellora dirixidas á difusión da cultura mariñeira e ao uso da tecnoloxía como medio para compartir e organizar os recursos culturais.






