Cliente:

Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

Ano:

2021 – 2024

Descrición:

O Xeoparque Cabo Ortegal é unha iniciativa de cooperación intermunicipal entre a Deputación Provincial da Coruña e os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño. O proxecto iniciou oficialmente o seu camiño para converterse en Xeoparque Mundial da UNESCO en 2021 coa presentación da candidatura. Ano no que tamén foi beneficiario dun Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD).

Levamos a Asistencia Técnica da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, encargándonos de xestionar o proxecto no día a día. Estamos ao cargo dos labores de coordinación cos distintos axentes e entidades e da supervisión dos provedores para garantir a correcta execución das actividades. Tamén participamos de primeira man na definición das liñas de actuación xunto ás persoas representantes da Asociación.

  • ASISTENCIA TÉCNICA: COORDINACIÓN, SEGUIMENTO, CONTROL E XUSTIFICACIÓN DAS ACTUACIÓNS E LIÑAS DE FINANCIAMENTO.

  • REDACCIÓN E SEGUIMENTO DA CANDIDATURA COMO XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO.

  • COMUNICACIÓN COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA O CORRECTO SEGUIMENTO DAS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NO PSTD.

  • ASISTENCIA TÉCNICA DE COMUNICACIÓN E MÁRKETING: xeración de contidos de texto, fotografía e vídeo para a web e redes sociais, e notas de prensa.

  • SUPERVISIÓN DA CREACIÓN DO MANUAL DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA.

  • POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA DE INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS NO TERRITORIO DO XEOPARQUE.